Que é Ancoradoiro?

Ancoradoiro é unha cooperativa de uso e consumo, que persigue construir unha edificación de uso residencial e social na que, mediante dereito de uso, se poida vivir e envellecer de forma colaborativa.

Ancoradoiro leva xestándose desde abril de 2017. Mantivéronse reunións entre persoas interesadas nun proxecto de cohousing senior nas comarcas de Vigo e Pontevedra, constituindose casi tres anos despois, tras ter reflexionado moito sobre o tipo de organización que queríamos trazar. O noso proxecto foi presentado a diferentes administraciones e foi recibido con simpatía.

Quen somos?

Somos un grupo de persoas, entre 50 e 70 anos, que consideramos que todo o que ten que ver co envellecemento vai moi por detrás da realidade. Impórtanos o futuro e temos para nós que é preciso anticiparse ao que poida acontecer. No noso país hai outras experiencias que funcionan con éxito e no Sur de Galicia creouse ANCORADOIRO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, coa convicción de que prevendo e organizando ónde, cómo e con quén vivir, coidar e colaborar, máis fácil será manter a autonomía, a dignidade e a capacidade de decisión sobre as nosas propias vidas.

Sobre nós

Misión e visión

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Hai tres anos, xuntámonos por primeira vez para iniciar un proxecto de Cohousing Senior. Baixo o nome de Vitruvio comezamos a camiñar, convidando aos plenarios que celebrabamos periódicamente a outras persoas que considerabamos afíns ao proxecto. Debateuse sosegadamente o modelo a construir en reunións celebradas en Muros, Vigo, Pontevedra, O Courel, … Así naceu a Cooperativa de Uso e Consumo, denominada ANCORADOIRO SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, constituida en xullo de 2019 e definitivamente inscrita no Rexistro de Cooperativas o 14 de xaneiro de 2020.

O noso obxecto social está definido de maneira máis exhaustiva nos nosos Estatutos [Estatutos]. Son varias as liñas de proxecto que pretendemos, entre outras:

1. Adoptar medidas de iniciativa social que conduzan a integrar socialmente e desenvolver os servizos necesarios de atención ás necesidades que requiren as persoas maiores para o seu benestar.
2. Buscamos mellorar a calidade e condición da vida da persoa, considerada de forma individual e colectiva; en base ao respecto aos principios de sustentabilidade socioeconómica e medioambiental así como ó da solidariedade e axuda mutua entre os seus membros.
3. Organizar e promover estudos para analizar a sociedade, comprendela mellor e participar no seu desenvolvemento influido polas novas tecnoloxías, os contrastes culturais interxeneracionais, etc.
4. Tamén nos interesa fomentar a participación do resto da sociedade nas diferentes actividades que a Cooperativa organice, cun carácter dinamizador do seu entorno cidadán e de interese xeral.

As actividades que se desenvolverán para o cumprimento do seu obxecto social son diversas:

A xestión e procura de servizos sociais, educativos, culturais, artísticos, deportivos ou de lecer para as súas personas socias.

Desenvolver actos formativos e actividades psicoterapéuticas para retrasar, no avance natural da idade, a previsible falta de habilidades personales; potenciando a expresión e a comunicación social por medio de obradoiros e outro tipo de recursos.

A xestión e organización de espazos habitacionais e locais, para que as persoas socias, mentres o sexan, poidan residir de modo permanente e habitual en cada un destes espazos de carácter individual (ou compartido, se así se desexa); así como utilizar as instalacións complementarias de carácter colectivo anexas.

Xestionar e regular a convivencia das persoas socias procurando en todo momento as condicións axeitadas para que desenvolvan, por elas mesmas ou mediante terceiros, aqueles servizos,  asistencias e actividades necesarias para garantirlles o  máis alto nivel  de satisfacción vital posible en parámetros físicos, psicolóxicos e sociais.

Asociarse

Se tes interés en coñecer máis esta Cooperativa e mesmo pensas en chegar a asociarte, podes cumprimentar o seguinte formulario.

Nome
Apelidos
Email
Teléfono
Que te motiva a querer formar parte e traballar polo proxecto Ancoradoiro?

Actualidade

Centro de recursos

Contacta connosco

Podes contactarnos para calquera duda ou suxestión no seguinte correo info@ancoradoiro.org. Se tes interés en asociarte, podes cumprimentar tamén o seguinte cuestionario.