Entrevista a Lucía Calvo en Radio 50 y pico

Radio 50 y pico, un proxecto de comunicación da Federación Galega das Asociacións Universitarias Seniors, entrevistou no seu programa do pasado 18 de novembro a Lucía Calvo, presidenta de Ancoradoiro Cohousing. A través desta ligazón cuacfm.org/radioco/programmes/radio-50-y-pico/1×2/ poderás gozar do programa ao completo, podendo escoitar a entrevista entre os minutos 18:06 e 39:56.

Ancoradoiro Cohousing na Rede Eusumo: “A fórmula cooperativa é a máis respectuosa e democrática que coñecemos”

A Rede Eusumo, a rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social, entrevistou á presidenta de Ancoradoiro Cohousing, Lucía Calvo. Nesta ligazón podes consultar á entrevista completa: www.eusumo.gal/ancoradoiro-cohousing-formula-cooperativa-e-mais-respectuosa-e-democratica-que-conecemos.

Hispacoop organiza o Congreso virtual de Cohousing Senior: “Un novo modelo de convivencia é posible”

Hispacoop, a Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios, organiza do 16 ao 19 de novembro un Congreso virtual de Cohousing Senior chamado “Un novo modelo de convivencia é posible”. Este congreso, que contará con expertos nas distintas temáticas a tratar, está aberto á participación de todas as persoas interesadas. Podes consultar o programa…